Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Tarkovski

As intencións nas obras de arte. Tarkovski. A importancia do sentido que se queira transmitir. Nas obras. Na vida. Os malentendidos. A falta de comunicación efectiva. O ruído. Este tamén pode ser bo seguindo uns postulados neosurreralista pois acharémonos ante algo inusual. Algo diferente. Entender o mesmo e mirar cunha mesma perspectiva. A diferenza e a igualdade. Asómbranos o que no podemos entender pero precisamos da facilidade comunicativa. Este país, esta língua estrana e acolledora ao mesmo tempo. O exótico. O próximo. Nunha dualidade que xa nos é propia. Os contrastes, as similitudes. Ámote sen entender todo o que me dis...

Mestizaxes

Cal é a túa peza de música clásica favorita? O bolero de Ravel. Excepcional. Escoitámola? Seguro. Mentras a escoitaban pensaban en que farían xuntos para crear unha relación especial. Fóra da rutina a vida é mellor. Sen horarios, sen mirar as horas. Cada día un día único. A comprensión non o é todo senón a actitude cara a vida. Creo que te estou amando. Pero esto só é unha viaxe. Facer da vida unha viaxe contínua pode ser un bo método. Eu quero vivir contigo sempre. Nun mundo globalizado as distanzas non son impedimento. Hibridación. As sociedades sempre se mesturaron, as persoas sempre se mesturaron. Mestizaxes.

Berlioz

O tempo de viaxe non é o mesmo que na vida rotinaria. Créase así un tempo ad hoc que nos leva por lugares non transitados. Escoitando a Berlioz e a súa Sinfonía Fantástica pensaba na heteroxeneidade dos meus gustos musicais e en que a música nos une, á humanidade, e que é ao mesmo tempo unha forma de epifanía. Revelacións de verdades transcendentes. Cando as achamos as nosas vidas cobran outra dimensión. Vemos con ollos conscientes e os valores desde ese punto xa non son iguais aos anteriores. E unha especie de renacemento. Renacer. Pero as veces que faga falta, incluso cada día. Porque a existencia, os cambios, as novas coordenadas, implican volver a nacer.

Peace and love

Unha consigna neohippie. Paz e amor. O último escalafón da humanidade. Seres que pensan e actúan sobre principios de non inxerencia, como na política internacional da ONU. Querer o ben común. Evolución nunha sociedade global. Postmaterialimo. Reivindicacións de valores postmodernos. A igualdade na diversidade. Actuar e pensar sendo partes dun todo. Aquel que se desvela en cada individualidade. Reificar o abstracto. Teñen sentido ideoloxías político-económicas como o marxismo na actualidade? Working class. Facundo Cabral. "O pobre non son eu". Aprovéitate do Capitalismo.

Imperialismo

O imperialismo no foco. Os USA dominando o mundo. Desde a súa constitución. Este grupo Siervos de Nadie, quero que o escoites. Gústanme pero non entendo o que din. Falan de destuir o imperialismo; de que non hai paz contruíndoa sobre a base de escravos; de que despois da calma sempre chega a tormenta; etc. Doctrina Monroe. América para os americanos. Todas as bases militares espalladas polo mundo. Eu tamén estou a favor da desmilitarización. Paz e solidaridade internacional. A violencia institucional como creva. Os monopolios como consecuencia dunha política económica que se adhire exclusivamente ao beneficio. Dereitos humanos.

Soidade

Neste paseo pensaba na soidade como espazo común. Pero os nosos corpos uníronse. Epifanía cotía que determina experiencias vitais. Como chegar ao corazón do outro sen perda? Porque se perdemos a nosa independencia perdémolo todo. A liberdade está en construir por un mesmo o noso decurso. Que sentido ten unha parella? Hai algo en realidade máis que o estrictamente físico? Compartir. Nas conversas está a metonimia do amor, tamén nos beixos. A fidelidade. Nunha sociedade que admite o poliamor. Nun contexto de loita polas liberdades. Diversidade sexual. Póñame unha auga. Velaquí. E bebendo nese bar comprendín que si o amaba. Por canto tempo?

Terra

Somos todos seres únicos. A pluralidade. E formamos algo chamado Humanidade. Cara onde vamos como especie? A única razón é a Terra. Que nos determina, que nos acubilla e nos detrúe ao tempo que nos a destuimos a ela. Vivimos baixo unhas condicións específicas. A Terra está adaptada a nós ou nós á Terra? Formúlome estas preguntas mentras gravo a un anciano co seu bastón e chapeu que atravesa lentamente unha rúa e a un neno que se solta da súa nai e comeza a correr... Cal é o destino común? Quizáis a extinción? Quizáis un estado máis elevado de conciencia? A iluminación como condición para a supervivencia.

Condición humana

Camiño coa cámara cara o descoñecido. Aquelo que se ve por primeira vez e que vai ser documento da propia vida, da obra. Porque vida e obra son o mesmo. Gústanme as rúas. Gústanme os rostros. Entretando existe pouca acción. Arendt afirmaba que a acción é pura e está separada de calquera condición material. Así a materia será o oposto do pensamento/acción.. E determinará a condición humana. Respirar como única consigna. Accións que se apartan da bioloxía. Pensar. A fala. O discurso como diferenza co resto dos seres animais. Introducirei unha voz off que sexa un contrapunto. Político e poético.

Instantes precisos

Escoitamos a Lee Morgan? Estupendo. O almorzo con jazz. O jazz é a música da liberdade. Os USA veron nacer os máis importantes movementos musicais. Lee Morgan é un terremoto inestábel que se expande pola Antártida. Fai que o xeo se desxee. Introduce unha certa forma de anti-inercia no tempo que se afoga. A monotonía é o que me fai ser pesimista. A min faime pesimista non verte feliz... Pero eu son feliz aquí contigo. Vas marchar... Desleixada a trama só quedan os instantes precisos. Introducing. o disco que os acompaña. Máis tarde soarán Miles Davis, Chet Baker e Thelonius Monk.  É hora de saír a rúa e captar instantes precisos.

Himalaya

Vou facer uns zumes de laranxa. Eu fago torradas. E café. Si, café. Nunca che falei de Aina. Son un grupo de Barcelona. Cunha elegancia extrema. Os seus temas móvense entre as augas dun río que percorre unha montaña, quizáis a máis alta do mundo e que fai un vieiro novo e entre a neve desa mesma montaña, inundándoo todo de cor branca. É hc melódico que invita á reflexión pero que tamén nos sitúa nun espazo onde só existe sentimento. Aquel no que se canta o poder da postadolescencia. Eu serei sempre un postadolescente. Eu tamén. O non-compromiso, a diversión, a festa contínua. O Himalaya, evócame o Himalaya.

Para sempre?

A liberdade comeza por un mesmo. Se somos quen de manter a nosa integridade amando, sairemos adiante. Cando algo falla, debemos deixar atrás. Recomezar de cero. Soltar o que xa non nos fai feliz e inventar outro camino de amor e liberdade. A revolución sexual deixou claro que non nos debemos  ancorar nunha relación que xa non nos satisface. Que podemos experimentar canto queiramos, que somos libres para face-lo. Pero cando se inicia unha relación pensamos que vai ser para sempre e Jodorowsky di que é unha condición de partida sine qua non. Tamén o amor está feito de promesas, que ás veces non se poden cumprir.

Sol

Ola, durmiches ben?Mellor ca nunca. E un raio de sol invadía a habitación para ilumina-lo todo. A luz, que enche os espazos tamén enche os corazóns. Aqueles dos que a partir de agora se amarán para sempre. Para sempre? Se intentamos escoitar os latexos do ser amado acharemos un estado de trance que nos permita amar sen condicións. Achados nun estado incondicional, serán o un para o outro. Pero non se olvidarán dos demáis. Amaranos, tamén. Porque o amor é unha forma de vida. Nun percurso vital que nos devolve ao noso ser primixéneo. Para así comezar a andadura cara unha posición elevada da conciencia. O sol era liberdade. E eles non se querían atar, tan só se amaban.

Beixos

Se son feliz agora é tamén porque te estou amando. Ámote dun amor irrecoñecíbel que me fai sentir... Ámote como se hoxe fora o derradeiro día. Quero bicarte. Faino. Os beixos son a metonimia do amor. Eu mírote. Amar é un acto revolucionario, quizáis o máis forte. A potencia do verbo amar lévanos a un estado onde comprendemos o sentido do universo. Somos un. O eu, o nós, o todo. Bicarse é tamén un modo de achegarse á alma do outro, nunha alteridade que nos constitúe como seres que aman. Bícame outra vez. Bicaríate todo o tempo, sen saber do tempo. Salvaxe e docemente. Cabalos que trotan ata achar repouso nun leito de flores.

B.B.V

Cumprir os soños é a forma de encauzarse a través do optimismo. O pesimismo de non cumprir os soños. Porque nunha escalada que avanza inexorabelmente cara un destino, a mirada debe concentrarse na beleza do exterior e encher así o interior. Manterse atento ante o mundo cambiante. Sociedade líquida. Bauman. Por o foco nos aspectos vitais que nos fan ben. Ese concerto. Ese soño. O ben debe estar impregnado de posibilidades de actuación para non estancarse nunha única posibilidade e debe asimismo ser a guía. Ben e beleza. tamén verdade. B.B.V. O espiritual. A conciencia. Mesmo a felicidade.

Decibelios

Non te escoito. Demasiados decibelios. Fálame ao ouvido. Sempre soñei con ver ás Bikini Kills. Atopeinas por casualidade nunha tenda de discos. As riot girls. Mulleres transgresoras que fan o que queren cando e como queren. A ideoloxía achégase a postulados nos que a liberdade é o eixo a partir do que se sitúan as determinacións. Vivir movéndose entre os límites, aqueles do eu e do nós, nunha simbiose que fai elixir as persoas que nos rodean. As imposicións desaparecen e a única forma de vida é a elección individual. Sempre. Eu xa as vin dúas veces. Pero non se desbota o colectivo, formado por conciencias que así se sitúan no común.

DIY

Vou gravar o concerto hoxe á noite. Perfecto. Esta cámara ten grabación na escuridade. Seguramente haberá poucas luces. Certo, hai pouca luz. O punk como forma de vida. Admiración por un movemento que quere romper con todo. DIY. Faino ti mesmo. Ser donos do destino. Necesidade de guiarse polos desexos, pola parte máis instintiva. Primitivismo. Anarco-primitivismo. Antano, as sociedades eran igualitarias. Futuro primitivo. Jhon Zerzan. Esta canción téñoa que bailar, trémame da cámara. E saltar. Saltar desde o escenario é o ponto de adrenalina máis potente. E sempre haberá amigos que non te deixen caer ao chan. No future; outra consigna. Vive o momento.

Europa do Leste

Chantal Akerman foi a filmar os países de Europa do Leste. Occidente e oriente. Unha conxunción que só a arte pode manter. Filmaba tamén as rúas e os rostros e atopaba nas xentes aquello que vira na súa familia. Tradicións e modernidade. Outra conxunción que só a arte pode manter. Porque despois de todo estamos perante un mundo feito de contrastes. Guerra Fría. Postcapitalismo. A arte como facedora de imaxinarios nos que o híbrido está presente; na forma e no contido. Ela escoitaba frases das que só entendía unha palabra, unas palabras pero comprendía. Comprendía todo, cos xestos, coas miradas, co non-dito.

Pasos

O que máis me gusta é o Stay Alive. Estrear un disco é o mesmo que un paseo por unha rúa descoñecida. Agora camiñando soa poals rúas de Detroit lembro a primeira sensación despois de escoitar ese disco. Como se o meu gato ruso azul saltara sobre min pedindo cariño. Este vento que me corta a cara deíxame o pouso do vinilo. Unha rapidez que o cobre todo, os meus pasos aceléranse e quero converter o camino nun recordo que dure para sempre. Pero eso dirao o paso do tempo. Non somos donos das lembranzas. Por iso a necesidade de gravar. Entre outras razóns. Gravo as rúas, os rostros da xente. Os pasos.

Corpos

Suggestion é outro tema que resume a súa ideoloxía. Porque eles son feministas e non entenden como algún home se pode considerar mellor por ser home. O tema do corpo tamén está presente; somos donas do noso corpo, deberiamos de selo. Aquí somos todos feministas, neste grupo. Non podía ser doutro xeito. Eu só coñezo Animal lover. Regalarémosche discos nosos, sen problema. O feminismo é unha revolución que ten que atravesar todos os estratos no noso comportamento. Unha inexorábel condición para a emancipación humana. E Fugazi sábeno. E cántano. E nós bailámolo. Esperar a alcanzar un estado superior de desenvolvemento persoal; non sen o feminismo.

Evens

Nas escaleiras calquer conversación é posíbel, son aptas para elo. Eu vexo a vida como en Waiting room. Sentado nunha sala de espera agardando que pase algo. Porque o cotiá debe estar impregnado de pequeñas cousas que nos emocionen. Eu non son moito de agardar a que algo pase. Non tés paciencia. Vou por máis cocacola. Os Evens son o bonus track perfecto para Fugazi. Ao final acabaremos todos casados e con fillos. Esperar a que a vida siga sendo unha festa na que poder bailar. Este verán está sendo moi caluroso. Iremos aos lagos? Si! Ten paciencia. Hai tempo para todo. Cada vez estou máis emocionada.

I'm so tired

Despois de todo o que se aprende, os erros non cesan. I'm so tired. Fugazi. Esta canción é un hinmo. A primeira que escoitei deles. Cando todo vai ben podemos sentir envexa de nós mesmos, nunha encrucillada que transita entre o eu e o nós. Este nós que ás veces nos destrúe como se fora unha maldición. Con poucas notas de piano e voz de choro a melodía fainos mirar cara adentro. Iremos a algún concerto? Claro. A min recórdame aos primeiros anos da postadolescencia, cando comecei na universidade. Onde? En Masachuset, Literatura. Xa falaremos de libros. Si,encantaríame. Chegar a non ter máis paciencia cun mesmo. Estar canso.

Tesouro

A túa casa mola moito. Estas escaleiras. Recórdame a esa foto cos teus amigos que vin no fb. USA-HC. Despois veñen eles a coñecerte. A amizade é un sagrado tesouro que hai que saber gardar con todo a delicadeza. Os amigos son os que nos manteñen vivos nesta realidade moitas veces cruel. A realidade que por momentos se volve fermosa cando estamos a carón de seres queridos e que nos queren. A reciprocidade como consigna. A alteridade como forma de entender o mundo. Tomaremos unhas cocacolas nas escaleiras. Escoitaremos música e celebraremos a túa chegada. E eu gravareino todo. Crear documentos biográficos. Documentais persoais. Crear.

5

Un taxi. Percorrer a cidade e gravar desde a fiestra. A fiestra valdeira. Dieste. O movemento. A xente en movemento. Ciclos na cidade. Somos animais de costumes e as viaxes fannos atopar o descoñecido. Aquel que se presenta ante nós sen máis concesións que a de facernos ve-lo tal cal nos o percebemos coa sorpresa do non-visto. Adoro estas rúas! Quedan 5 minutos para chegar á casa. Tés tempo de seguir gravando. Vouno gravar todo. Ok. Vou ir volcando o material no ordenador. Farei un filme de 5 ou máis horas. Wow! Si, no way. Son 5 dólares. Levareite no meu coche a próxima vez. Perfecto.

Bossa nova

Amo a bossa nova. É una música tan feliz. A min tamén me gusta. Brasil como referente. Gilberto. Caetano. Betania. A ledicia de vivir. Cantar ao amor. Un amor que o inunda todo e que crea liñas de fisura por onde a luz entra.Pero tamén a beleza na triteza. A melancolía como forma de vida. Como foi a viaxe no avión? Viñen sentada cun rapaz. Quere escribir xustamente un libro sobre techno. E tés o seu wasup? Si, a ver se quedamos con el... Vas polo terceiro café. Adoro o café, sábelo; e este está delicioso. O sabor, o paladar, recibe sensacións novas que se instalan para sempre na epiderme. Baixo a pel agóchanse, sobreviven.

Respiración

Poder de espera. O ser e a nada. Sartre. Saber estar no lugar adecuado e no momento preciso. O baleiro está preparado para convertirse en materia fílmica. Xa que no fondo non sucede absolutamente nada. Só somo seres que respiramos. E esa respiración tamén pode ser a protagonista dun plano. Aquel onde ti estás sentado removendo o café. Penso en Tarantino. Esto só será un documento. Da cidade, dos amigos, da súa respiración. Quero nomear as cousas con otros nomes. Babel? Si, o castigo eterno da incomprensión. Outro café? Sí, por favor. E soa Sonic Youth. Quero bailar movendo os xeonllos en fronte a ti.

Cámara

Ordear o exterior a través dun dispositivo. Visual e auditivo, mesmo con voz off. As imaxes que se superponen como nun escenario creado ad hoc pero que leva aí moito tempo. A historia da cidade de Detroit. A historia de USA...Nesta desorde que habita aos extranxeiros. Sentirse parte, comunidade, cidadanía temporal. A onde queres ir? A onde me leves. Addison.Tomar un café americano en América. Claro, imos tomar ese café. Camiñando. Habitando. Respirando. Gravar. Materialidade líquida que se superpón. Naufraxio interior que se disolve nese café. Rexistrar cada momento. Instantes decisivos. Cartier- Bresson.

Acción

Reificar a dúbida de perderse nunha cidade non coñecida. O imprevisto como consigna. A descoberta, única forma posíbel de habitar os espazos. Inventar un tempo outro. Unhas condicións sine qua non. Porque a experiencia da viaxe debe inundar todo o noso corpo. Habitados por partículas que tamén teñen memoria; así se crean os recordos. Estou por fin en Detroit. O mecanismo que me leva a gardar emocións e imaxes non o coñezo porque hai tamén está o imprevisto. Son e non son dona do meu ser, que non é máis que un todo nesta totalidade chamada universo. Que se move, que cambia constantemente, que propugna a necesidade de acción. Tres e acción. Eu en Detroit. Personaxe dun filme aínda por gravar. A miña cámara: unha realidade sui generis.

Relatividade

O vértigo da aterrizaxe. Calo. Deixo a atención nos latexos do corazón, axitados. Desde Londres non houbera ningunha turbulencia. Seda. Hai momentos nos que todo se condensa e otros nos que todo se dilata. A concepción do tempo. Relatividade. Ocupación. Resistir ao baleiro dun espazo que non pode ser enchido. Acabar coa dúbida. En cinco minutos estaría en USA. Levo libretas suficientes para recoller conversas e impresións. Estou segura de que será unha experiencia alucinante. Deséxoche o mellor. A ti tamén. Poida que ata nos vexamos na cidade. Eu volvo en tres semanas. Pois eu non teño billete de volta. Calei. Calamos. Démonos un bico.

mp3

Por fin desperta este tipo. Durmindo tres horas. Hola! Hola! Que te leva a Detroit? Quedei cun amigo, vou escribir sobre a escena underground. O techno? Si, o techno. Xusto teño no meu mp3 temas de Carl Cox... Que guai, eu tamén o levo. Hai algo que poida atestar máis a cita de Borges que atoparse nunha rave...? Situacións onde todo pode suceder, sumexidas na música, na danza, na atracción que xorde do imprevisto. Si, estiven no Bretaña nunha festa. Eu nunca. Mágoa, tés que probar. Si, en Detroit. A clandestinidade, esquivar o institucional, o reglado. Válvulas de escape do capitalismo.

As nubes

As viaxes en avión poden considerarse un producto singular do capitalismo pero tamén do conectado mundo global onde nos vemos inmersas. Ollo as nubes. Elas cambian e nos cambian, como a realidade. Somos o que incorporamos dela. O que asimilamos ao noso campo semántico. Vivimos neste constructio e avanzamos inexorabélmente cara adiante. Ainda que, como o mar, imos e vimos nos propios pensamentos e accións. Estas que propugnan o encontro como consecuencia do azar. O manifesto situacionista. Os taz. Todo está aí só ten que ser creado. Este zume está demasiado frío. Corta os dentes. Só me quedan catro horas de travesía aérea. Here we go Detroit!

Int/Ext

Aeroporto de Coruña. 7:30 am. Non me vai dar tempo de acabar este café. Cando chegue a Estados Unidos tomarei un café só en condicións, americano. Mentras falo de postpunk, de Fugazi, dos concertos onde só se paga cinco dólares. Porque tamén hai que saber aproveitarse do capitalismo, o rexime que nos tocou vivir. USA, esa entelequia de liberdade. Comentaremos ideas sobre a condición humana. Hanna Arendt. Fuck! Manchei a chaqueta de café. Non vai quedar mancha, é marrón. Levo ese libro na bolsa; lereino no camiño. O importante é sentirnos libres. A viaxe fainos libres. Int/ Ext. O interior en movemento, acadando puntos de equilibrio de afóra cara adentro.

Lenin

 Non podo marchar sen a chaqueta marrón. Pero, que obsesión, non? Mañá collo o avión para Detroit e non vou ir sen esa chaqueta. Vale, vale pero eu hoxe estou ocupada, non podo baixar. Vou eu soa. Xa non a teño, síntoo. Merda! As ocasións hai que aprobeita-las no momento, está claro. Ola, veño a devolver esta chaqueta. A miña! Tiveches moita sorte, xa tés a túa chaqueta. Serendipiti. O azar. Todo está no espazo e no tempo en que ten que estar. Todo cadra. Xa podo marchar agusto. Somos tamén o que mostramos. Son superficial? Lenin: ética e (é) estética. Penso que es unha caprichosa. De que estamos feitas senón de eleccións…

Boina vermella

Se tivera que escoller unha, non sei por que razón, escollería aquela. Cal? A do estante da esquerda. O vermello é a cor do sangue,a  cor da revolución. Eu prefiro a chaqueta marrón. Entón non me fas caso? Si, sempre o adoito pero esta vez non. A marrón vaime mellor. O prezo é de trinta euros. Síntoo, non me chegan os cartos que traio hoxe. Pois eu non teño nada. Que fago? Deíxao para outro día. O consumo por consumo como se dos caprichos vivira o capitalismo. O que necesites e nada máis. As necesidades créanse. Créanno-las. E esa boina  vermella? Mola. 9'99. Ainda me queda un céntimo co que non podo comprar nada. E despois escribirás esa canción. Si, a canción xa estaba escrita. Unha premonición? Unha viaxe no tempo? Flashbacks e flashawards. Sociedade do espectáculo, comezando polo propio corpo. Deberiamos danzar espidos. Nús.