Ir al contenido principal

Soidade

Neste paseo pensaba na soidade como espazo común. Pero os nosos corpos uníronse. Epifanía cotía que determina experiencias vitais. Como chegar ao corazón do outro sen perda? Porque se perdemos a nosa independencia perdémolo todo. A liberdade está en construir por un mesmo o noso decurso. Que sentido ten unha parella? Hai algo en realidade máis que o estrictamente físico? Compartir. Nas conversas está a metonimia do amor, tamén nos beixos. A fidelidade. Nunha sociedade que admite o poliamor. Nun contexto de loita polas liberdades. Diversidade sexual. Póñame unha auga. Velaquí. E bebendo nese bar comprendín que si o amaba. Por canto tempo?

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vangarda

Crear algo novo. Vangarda. Desde os 60 os cacharros produciron música electrónica. Cal é a nosa marca de identidade? Pois mesturar inglés con galego. Tocar mal o piano pero que soe ben. E facer letras sobre o noso mundo que non deixa de ser singular. Tamén incluiremos ruido electrónico con sintetizadores. Diso encárgome eu. Mesturar estilos. Produtos que son froito dunha asimilación diversa. Orixes diferentes. A unidade resultante como resposta a influencias heteroxéneas. A necesidade de crear desde os eus. Xa son unha banda. Sentimento común. Cal será o nome? Eu digo unha palabra e ti outra. Ok? Ok. The. End. Si! The end. Xuntos ata o final.

Vegan

Comer vegano, non comer animais, peixe nin productos derivados dos mesmos é case unha relixión. Xa desde o s.xvi o dicía Da Vinci, que estaría prohibido comer animais. Ese tempo ainda non chegou pero chegará. Trátase dunha alianza entre especies e de sobre todo respecto. Porque desde unha prehistoria ideal, aquela contada por determinados autores que nos explican desde otros paradigmas, a sociedade era vegana xa que só serían recolectores de froitas e froitos. Na actualidade existen moitas opción para comer san. Esta ensalada de berenxena está boísima. Tomamos un café naquela terraza que vimos pola zona oeste? Si, e saimos un pouco da casa. Non marcharás antes de ter feito un disco, xuntos. Feito!

Jean Paul

Accedo a ti desde a miña totalidade. Sen fisuras que non deixen entrar a luz. Explícome e avanzo cara o teu ser. S. de B. O matrimonio é o comezo da prostitución. Ela nunca casou. Pensou deixar a Jean Paul por un escritor americano que acababa de comezar pero non o fixo. Seguiu co seu compañeiro porque se retroalimentaban. Crear en común é un vínculo o bastante forte; causa de seguir estando xuntos. Algúns amigos recomendábanlle que non o deixara xa que a súa fama podería virse abaixo, sen el. Que nos une en realidade como a eles? Eles estaban unidos pola escritura. Queremos vivir a vida xuntos e iso a é suficiente. Dime algo máis… Quérote ata o infinito e máis alá.