Por fin desperta este tipo. Durmindo tres horas. Hola! Hola! Que te leva a Detroit? Quedei cun amigo, vou escribir sobre a escena underground. O techno? Si, o techno. Xusto teño no meu mp3 temas de Carl Cox... Que guai, eu tamén o levo. Hai algo que poida atestar máis a cita de Borges que atoparse nunha rave...? Situacións onde todo pode suceder, sumexidas na música, na danza, na atracción que xorde do imprevisto. Si, estiven no Bretaña nunha festa. Eu nunca. Mágoa, tés que probar. Si, en Detroit. A clandestinidade, esquivar o institucional, o reglado. Válvulas de escape do capitalismo.
Crear algo novo. Vangarda. Desde os 60 os cacharros produciron música electrónica. Cal é a nosa marca de identidade? Pois mesturar inglés con galego. Tocar mal o piano pero que soe ben. E facer letras sobre o noso mundo que non deixa de ser singular. Tamén incluiremos ruido electrónico con sintetizadores. Diso encárgome eu. Mesturar estilos. Produtos que son froito dunha asimilación diversa. Orixes diferentes. A unidade resultante como resposta a influencias heteroxéneas. A necesidade de crear desde os eus. Xa son unha banda. Sentimento común. Cal será o nome? Eu digo unha palabra e ti outra. Ok? Ok. The. End. Si! The end. Xuntos ata o final.
Comentarios
Publicar un comentario