Non podo marchar sen a chaqueta marrón. Pero, que obsesión, non? Mañá collo o avión para Detroit e non vou ir sen esa chaqueta. Vale, vale pero eu hoxe estou ocupada, non podo baixar. Vou eu soa. Xa non a teño, síntoo. Merda! As ocasións hai que aprobeita-las no momento, está claro. Ola, veño a devolver esta chaqueta. A miña! Tiveches moita sorte, xa tés a túa chaqueta. Serendipiti. O azar. Todo está no espazo e no tempo en que ten que estar. Todo cadra. Xa podo marchar agusto. Somos tamén o que mostramos. Son superficial? Lenin: ética e (é) estética. Penso que es unha caprichosa. De que estamos feitas senón de eleccións…
Crear algo novo. Vangarda. Desde os 60 os cacharros produciron música electrónica. Cal é a nosa marca de identidade? Pois mesturar inglés con galego. Tocar mal o piano pero que soe ben. E facer letras sobre o noso mundo que non deixa de ser singular. Tamén incluiremos ruido electrónico con sintetizadores. Diso encárgome eu. Mesturar estilos. Produtos que son froito dunha asimilación diversa. Orixes diferentes. A unidade resultante como resposta a influencias heteroxéneas. A necesidade de crear desde os eus. Xa son unha banda. Sentimento común. Cal será o nome? Eu digo unha palabra e ti outra. Ok? Ok. The. End. Si! The end. Xuntos ata o final.
Comentarios
Publicar un comentario