Ir al contenido principal

Berlioz

O tempo de viaxe non é o mesmo que na vida rotinaria. Créase así un tempo ad hoc que nos leva por lugares non transitados. Escoitando a Berlioz e a súa Sinfonía Fantástica pensaba na heteroxeneidade dos meus gustos musicais e en que a música nos une, á humanidade, e que é ao mesmo tempo unha forma de epifanía. Revelacións de verdades transcendentes. Cando as achamos as nosas vidas cobran outra dimensión. Vemos con ollos conscientes e os valores desde ese punto xa non son iguais aos anteriores. E unha especie de renacemento. Renacer. Pero as veces que faga falta, incluso cada día. Porque a existencia, os cambios, as novas coordenadas, implican volver a nacer.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vangarda

Crear algo novo. Vangarda. Desde os 60 os cacharros produciron música electrónica. Cal é a nosa marca de identidade? Pois mesturar inglés con galego. Tocar mal o piano pero que soe ben. E facer letras sobre o noso mundo que non deixa de ser singular. Tamén incluiremos ruido electrónico con sintetizadores. Diso encárgome eu. Mesturar estilos. Produtos que son froito dunha asimilación diversa. Orixes diferentes. A unidade resultante como resposta a influencias heteroxéneas. A necesidade de crear desde os eus. Xa son unha banda. Sentimento común. Cal será o nome? Eu digo unha palabra e ti outra. Ok? Ok. The. End. Si! The end. Xuntos ata o final.

Vegan

Comer vegano, non comer animais, peixe nin productos derivados dos mesmos é case unha relixión. Xa desde o s.xvi o dicía Da Vinci, que estaría prohibido comer animais. Ese tempo ainda non chegou pero chegará. Trátase dunha alianza entre especies e de sobre todo respecto. Porque desde unha prehistoria ideal, aquela contada por determinados autores que nos explican desde otros paradigmas, a sociedade era vegana xa que só serían recolectores de froitas e froitos. Na actualidade existen moitas opción para comer san. Esta ensalada de berenxena está boísima. Tomamos un café naquela terraza que vimos pola zona oeste? Si, e saimos un pouco da casa. Non marcharás antes de ter feito un disco, xuntos. Feito!

Jean Paul

Accedo a ti desde a miña totalidade. Sen fisuras que non deixen entrar a luz. Explícome e avanzo cara o teu ser. S. de B. O matrimonio é o comezo da prostitución. Ela nunca casou. Pensou deixar a Jean Paul por un escritor americano que acababa de comezar pero non o fixo. Seguiu co seu compañeiro porque se retroalimentaban. Crear en común é un vínculo o bastante forte; causa de seguir estando xuntos. Algúns amigos recomendábanlle que non o deixara xa que a súa fama podería virse abaixo, sen el. Que nos une en realidade como a eles? Eles estaban unidos pola escritura. Queremos vivir a vida xuntos e iso a é suficiente. Dime algo máis… Quérote ata o infinito e máis alá.