Ir al contenido principal

Entradas

Vangarda

Crear algo novo. Vangarda. Desde os 60 os cacharros produciron música electrónica. Cal é a nosa marca de identidade? Pois mesturar inglés con galego. Tocar mal o piano pero que soe ben. E facer letras sobre o noso mundo que non deixa de ser singular. Tamén incluiremos ruido electrónico con sintetizadores. Diso encárgome eu. Mesturar estilos. Produtos que son froito dunha asimilación diversa. Orixes diferentes. A unidade resultante como resposta a influencias heteroxéneas. A necesidade de crear desde os eus. Xa son unha banda. Sentimento común. Cal será o nome? Eu digo unha palabra e ti outra. Ok? Ok. The. End. Si! The end. Xuntos ata o final.
Entradas recientes

Spoken words

Faremos ese disco eu co piano e ti coa voz? Spoken words. Falaremos da dificultade de atopar un espazo habitábel que nos acolla con redención e valentía. . Da soidade que desparece cando entras no meu plano vital. Das árbores que acubillan a paxaros que voan en bandadas. Unha viaxe común. Un destino común. De verse perdido. De atopar acubillo. De verdades pequenas que se transforman en universais. De lobos que saen da súa cova para axudar a animais en perigo. Dos amigos que están sempre aí. Da necesidade do outro. Das reberberacións dun eco colectivo. Do perigo de verse só. Das asimilacións constantes do pensamento unidireccional. Da solidaridadde internacional. Da vangarda creativa e os restos do dadaísmo...

10.000 km

A cidade está triste e escura. Chove. Estos parabrisas funcionan mal, non van á velocidade precisa, demasiada choiva. Xa estamos chegando. Queres vivir comigo para sempre? Pasar unha vida enteira cunha mesma persoa pode provocar un medo espeluznante pero non me coaccionei pola pregunta. Si, quero. O día non era tan propicio como para facer unha confesión desa orde, non obstante todo  estaba dito. Eles quérense. Cambiar de cidade por amor pode ser a solución a esa distanza que os separou. Separados polo océano atlántico. Por 10.000 km. Que pode ser mellor que atopar o amor alá onde estea… Porque sentirse en comunión con alguén é o acto máis poderoso que existe. Con todas as concesións, as promesas, os proxectos.

Vegan

Comer vegano, non comer animais, peixe nin productos derivados dos mesmos é case unha relixión. Xa desde o s.xvi o dicía Da Vinci, que estaría prohibido comer animais. Ese tempo ainda non chegou pero chegará. Trátase dunha alianza entre especies e de sobre todo respecto. Porque desde unha prehistoria ideal, aquela contada por determinados autores que nos explican desde otros paradigmas, a sociedade era vegana xa que só serían recolectores de froitas e froitos. Na actualidade existen moitas opción para comer san. Esta ensalada de berenxena está boísima. Tomamos un café naquela terraza que vimos pola zona oeste? Si, e saimos un pouco da casa. Non marcharás antes de ter feito un disco, xuntos. Feito!

Illas

Facer un selo de música. Moi boa idea. Traballando sobre todo en dixital. Unir músicos. Unha comunidade. Non me gustaría estar aillada. Ás veces quixera estar nunha illa para desconectar pero quero pertencer a algo. O sentido de pertenza é o que nos une ao mundo; incluso desde as propias atalaias, as nosas illas. Conectar cos que nos rodean é unha forma de estar no mundo. Por iso cando amamos non debemos crear illas nas que habitar todo o tempo, só por momentos. Tamén estaría ben tocar xuntos. Si! Un selo e un grupo, estupendo. Pásame a berenxena. Este xantar vai quedar máis que ben.

Jean Paul

Accedo a ti desde a miña totalidade. Sen fisuras que non deixen entrar a luz. Explícome e avanzo cara o teu ser. S. de B. O matrimonio é o comezo da prostitución. Ela nunca casou. Pensou deixar a Jean Paul por un escritor americano que acababa de comezar pero non o fixo. Seguiu co seu compañeiro porque se retroalimentaban. Crear en común é un vínculo o bastante forte; causa de seguir estando xuntos. Algúns amigos recomendábanlle que non o deixara xa que a súa fama podería virse abaixo, sen el. Que nos une en realidade como a eles? Eles estaban unidos pola escritura. Queremos vivir a vida xuntos e iso a é suficiente. Dime algo máis… Quérote ata o infinito e máis alá.

Budismo

Poñer o foco no pensamento e/ou na materia. No tanxíbel e/ou no intanxíbel. Un xeito de comprender as dualidades das que está feita o ser humano. As inevitábeis contradicións. Acharse no lugar da dúbida e recompoñerse do que non é auténtico, verdadeiro. Un camiño de búsqueda espiritual que impide involucrarse nunha relación romántica. Os monxes budistas. O budismo. O amor como guía; o amor universal. Saír da dor e comezar a vivir co que nos fai ben. Saír das reencarnacións e atopar o descanso no nirvana. O despertar espiritual. Se te estou querendo é porque me fas feliz. Fasme feliz porque atopo o meu eu no teu eu, sen necesidade dun nós.