Ir al contenido principal

Evens

Nas escaleiras calquer conversación é posíbel, son aptas para elo. Eu vexo a vida como en Waiting room. Sentado nunha sala de espera agardando que pase algo. Porque o cotiá debe estar impregnado de pequeñas cousas que nos emocionen. Eu non son moito de agardar a que algo pase. Non tés paciencia. Vou por máis cocacola. Os Evens son o bonus track perfecto para Fugazi. Ao final acabaremos todos casados e con fillos. Esperar a que a vida siga sendo unha festa na que poder bailar. Este verán está sendo moi caluroso. Iremos aos lagos? Si! Ten paciencia. Hai tempo para todo. Cada vez estou máis emocionada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vangarda

Crear algo novo. Vangarda. Desde os 60 os cacharros produciron música electrónica. Cal é a nosa marca de identidade? Pois mesturar inglés con galego. Tocar mal o piano pero que soe ben. E facer letras sobre o noso mundo que non deixa de ser singular. Tamén incluiremos ruido electrónico con sintetizadores. Diso encárgome eu. Mesturar estilos. Produtos que son froito dunha asimilación diversa. Orixes diferentes. A unidade resultante como resposta a influencias heteroxéneas. A necesidade de crear desde os eus. Xa son unha banda. Sentimento común. Cal será o nome? Eu digo unha palabra e ti outra. Ok? Ok. The. End. Si! The end. Xuntos ata o final.

DIY

Vou gravar o concerto hoxe á noite. Perfecto. Esta cámara ten grabación na escuridade. Seguramente haberá poucas luces. Certo, hai pouca luz. O punk como forma de vida. Admiración por un movemento que quere romper con todo. DIY. Faino ti mesmo. Ser donos do destino. Necesidade de guiarse polos desexos, pola parte máis instintiva. Primitivismo. Anarco-primitivismo. Antano, as sociedades eran igualitarias. Futuro primitivo. Jhon Zerzan. Esta canción téñoa que bailar, trémame da cámara. E saltar. Saltar desde o escenario é o ponto de adrenalina máis potente. E sempre haberá amigos que non te deixen caer ao chan. No future; outra consigna. Vive o momento.

Jean Paul

Accedo a ti desde a miña totalidade. Sen fisuras que non deixen entrar a luz. Explícome e avanzo cara o teu ser. S. de B. O matrimonio é o comezo da prostitución. Ela nunca casou. Pensou deixar a Jean Paul por un escritor americano que acababa de comezar pero non o fixo. Seguiu co seu compañeiro porque se retroalimentaban. Crear en común é un vínculo o bastante forte; causa de seguir estando xuntos. Algúns amigos recomendábanlle que non o deixara xa que a súa fama podería virse abaixo, sen el. Que nos une en realidade como a eles? Eles estaban unidos pola escritura. Queremos vivir a vida xuntos e iso a é suficiente. Dime algo máis… Quérote ata o infinito e máis alá.