Crear algo novo. Vangarda. Desde os 60 os cacharros produciron música electrónica. Cal é a nosa marca de identidade? Pois mesturar inglés con galego. Tocar mal o piano pero que soe ben. E facer letras sobre o noso mundo que non deixa de ser singular. Tamén incluiremos ruido electrónico con sintetizadores. Diso encárgome eu. Mesturar estilos. Produtos que son froito dunha asimilación diversa. Orixes diferentes. A unidade resultante como resposta a influencias heteroxéneas. A necesidade de crear desde os eus. Xa son unha banda. Sentimento común. Cal será o nome? Eu digo unha palabra e ti outra. Ok? Ok. The. End. Si! The end. Xuntos ata o final.
Faremos ese disco eu co piano e ti coa voz? Spoken words. Falaremos da dificultade de atopar un espazo habitábel que nos acolla con redención e valentía. . Da soidade que desparece cando entras no meu plano vital. Das árbores que acubillan a paxaros que voan en bandadas. Unha viaxe común. Un destino común. De verse perdido. De atopar acubillo. De verdades pequenas que se transforman en universais. De lobos que saen da súa cova para axudar a animais en perigo. Dos amigos que están sempre aí. Da necesidade do outro. Das reberberacións dun eco colectivo. Do perigo de verse só. Das asimilacións constantes do pensamento unidireccional. Da solidaridadde internacional. Da vangarda creativa e os restos do dadaísmo...